A igrexa Nova, quedouse pequena

IMG_4760
A igrexa Nova, quedouse pequena

O Concerto da Agrupación Musical encheu a Igrexa na tard do sábado

IMG_4715

O sábado tocáballe rematar cos distintos concertos que nos ofreceron as distintas agrupacións de músicos da Limia, Conservatorio incluído, á Agrupación Musical da Limia, que nesta ocasión ofrecía o seu concerto de fin de ano acompañado pola Coral Sta. Mariña, que a partir de agora formará parte tamén da agrupación.

ESTREO DA AGRUPACIÓN INFANTIL

IMG_4702

Pero as novidades non eran solo esas. A primeira foi a presentación tamén no concerto, e abrindo o mesmo os alumnos e alumnas mais xoves e que forman parte da banda infantil.

Titanic e Mod Romantic foron as dúas interpretacións conque obsequiaron a un público que abarrotaba a igrexa e que os aplaudiu ata rabear.

IMG_4724 - copiaDespois chegou a segunda novidade da noite cal foi a interpretación dunha das pezas sinfónicas coa actuación dun grupo de alumnas da escola de baile Fusión Fitnes que deron unha exhibición dos seus coñecementos nun lugar tan pouco habitual como foi mesmamente diante do Altar Maior. Para esta exhibición escolleron unha peza orixinal do director da escola e da Banda José Luís Tielas, feita para a ocasión titulada O Pequeno Nicolás, que é unha pequena suit para instrumentos de percusión. Si os aplausos ás intervencións da banda infantil foron moitos, mais resoaban despois da exhibición destas alumnas.

Con tan solo cinco minutos para prepararse e cambiar atris, a música e o canto puxérono a Agrupación en con todos os seus músicos e algún instrumento novo. Comezaron coa polka Hapi Mallets para continuar cunha rapsodia Galega do mestre ourensán Felisindo Pérez. Dedicada a unha das compoñentes da banda tamén interpretaron \“La Virgen de la Macarena\”.

IMG_4695Despois subiron ao escenario en pleno altar Maior os membros da Coral Santa Mariña para pórlle voces a Negra Sombra, Noite de Paz e o himno Galego. E aquí remataba o concerto se non fose polos bis solicitados polo público asistente que obrigaron aos músicos a poñerse outra vez ante os instrumentos para ofrecer dúas interpretacións de cancións mais coñecidas por todos para que todos participaran coas palmas e así rematar o concerto de fin de ano que deixou satisfeitos a todos, músicos e público.

IMG_4732 - copia