IMAXÍNASTE A TÚA VILA SEN COMERCIO?

Paso peon Xinzo 01
IMAXÍNASTE A TÚA VILA SEN COMERCIO?

Pódelo comprobar a partir deste venres en Xinzo

Segundo os responsables de ProLimia, a proposta de “peche” dos comercios da vila foi moi ben acollida, non solo polos membros da propia asociación, se non tamén por ouros comercios e ouros establecementos que se queren unir a esta iniciativa.

UNHA SEMANA COMPLETA

A escenificación será dende o venres 18 de xaneiro ata o 24 de xaneiro de 2019.

Os escaparates cubriranse con periódicos ou papel kraft e a iluminación dos establecementos será mínima. Así mesmo cada establecemento que se sume a esta campaña de sensibilización de toda a cidadanía porá un cartel, moi austero, coa lenda da campaña imaxínaste a túa vila sen comercio?