jueves 28/10/21

Inaugurada a Feira do Comercio de Prolimia 2021

“Esta é unha oportunidade única para concienciar á cidadanía de que debemos retomar o consumo no comercio local”-Elvira Lama

Acto de inauguración da feira

Como un escaparate único para mostrar o potencial dos establecementos comerciais de Xinzo de Limia. Así se define a Feira do Comercio Local que foi inaugurada esta mañá pola alcaldesa, Elvira Lama, acompañada do tenente de alcalde, Amador Díaz, dos edís de Promoción Económica, Manuel Pérez; de Servizos Públicos, Rafa Penabad; dos concelleiros do PP Antonio Fernández e Silva Blanco e a xerente do Inorde, Emma González; a presidenta de Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, e a presidenta de Prolimia, Conchi Conde.

cats

A rexedora valorou así a iniciativa: “Está é unha oportunidade única para concienciar á cidadanía de que debemos retomar o consumo no comercio local, que é o que está mellor preparado, o que atende con amabilidade e profesionalidade. Os comerciantes da feira teñen sempre  abertas as portas do seu establecemento e contribúen a manter o pobo vivo, sen que sexa necesario saír de Xinzo para marcar”.