Un incendio xera alarma entre os veciños de San Pedro de Laroá

sanpedro
Un incendio xera alarma entre os veciños de San Pedro de Laroá

Ao lugar acudiron os bombeiros e a Garda Civil.

Unha densa fumareda xerou na tarde do xoves alarma entre os veciños de San Pedro de Laroá (Xinzo de Limia) que temían que puidese estar ardendo unha casa.

Ao lugar acudiron os bombeiros e Garda Civil, que comprobaron que se trataba dunha queima de papeis no interior dunha vivenda. Os efectivos sufocaron as chamas.