Ingresan en prisión os 12 detidos pola Operación Gaijo

IMG_9049
Ingresan en prisión os 12 detidos pola Operación Gaijo

Os 12 narcos detidos xa están en prisión.

Ao longo de onte, domingo, pasaban a disposición xudicial 7 dos 12 detidos pola Operación Gaijo de narcotráfico nos xulgados de Xinzo de Limia. Pouco despois, o xuiz ordenaba o seu ingreso en prisión sen fianza. Os 7 primeiros en ingresar en prisión foron os detidos en Xinzo de Limia.

Os 5 detidos restantes –que foran collidos na cidade de Vigo pola Garda Civil– pasaron a disposición xudicial esta mañá ás 9:00 horas. Ao mediodía ingresaron tamén en prisión, logo da primeira vista ante os xulgados da capital da Limia.