O Inorde organiza no seu centro agrogandeiro en Xinzo, unha xornada de campo dentro das actividades do proxecto Regenera Limia

394
O Inorde organiza no seu centro agrogandeiro en Xinzo, unha xornada de campo dentro das actividades do proxecto Regenera Limia

O obxectivo destas xornadas centráronse , por un lado en dar a coñercer os avances que neste proxecto se teñen realizado, máis concretamente facendo fincapé nos traballos que desenvolve o INORDE.

Así se diu conta da posta en marcha xa operativa do sistema integrado de control de fertilizantes e abonos, así como do funcionamento da Aplicación xeoreferenciada vía web.

Dentro de outro orde de cousas, as Xornadas de Campo serviron para dar de coñecer ao sector os traballos que o INORDE realiza a nivel de experimentación e investigación agrícola. Así nas cerca de seis Has. destinadas a ensaios de cultivo de patata sitas na finca Antela, amosóuselle aos agricultores experiencias relacionadas co uso e emprego de abonos comerciais, manexo do nitróxeno como factor de crecemento en variedades destinadas a frito industrial tales como Agria, Fontane, Babylo, Rock, Lady amarilla, … .

395Outro importante bloque de ensaios está centrado no manexo da variedade máis representativa de Galicia tal e como é a Kennebec; nestes ensaios avalíase a resposta de cultivar a diversos xeitos de cultivo alternando abonados orgánicos con minerais ou novas filosofías de traballos tales como o emprego de microrrizas.

ENSAIO DE VARIEDADES COMERCIAIS DE PATACA

De tódolas maneiras a experiencia que máis interés despertou nos participantes foi o ensaio de variedades comerciais de pataca; nel recólleronse máis de oitenta cultivares de nova introducción no mercado, entre elas novas variedades para a industria do frito, variedades de carne branco para o consumo en fresco, variedades con vocación de lavado ou variedades de pel e carne morada ou violeta de nova introducción nos mercados.

Estos ensaios complementáronse cun reservorio nos que se conservan as tres variedades autóctonas galegas máis coñecidas: fina de carballo, cazona e ganade.

Cunha asistencia de preto de 100 agricultores da Comarca ademáis de técnicos das casas comerciales de fitosanitarios, de abonos e produtores de pataca de semente o INORDE consolida a parte práctica das Xornadas xa realizadas previamente: Xornada da Auga e Xornada de Abonos e Fertilizantes.

Con esta acción de sensibilización, xunto coa de Optimización do uso de abonos e fertilizates, complementada ésta coa Aplicación informática e a Monitorización de resultados, o INORDE ten executado máis do 80% dos seus compromisos e actividades no proxecto.