As instalacións da Galiña Azul de Xinzo pendentes de solucionar os problemas de humidade

galiña
As instalacións da Galiña Azul de Xinzo pendentes de solucionar os problemas de humidade

A escola infantil A Galiña Azul de Xinzo presenta dende hai tempo problemas coa humidade.

As instalacións non se atopan en bo estado e por ese motivo a xerente e un técnico do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, visitaron o centro da vila. Acompañados por membros do goberno local percorreron os espazos onde poideron apreciar o mal estado dalgunhas das salas.

A principal medida a abordar e solucionar os problemas coa humidade. Outro punto de atención é a instalación de aparellos para regular a temperatura e evitar que os pequenos teñan que padecer as altas temperaturas desta época do ano.

G

Tras visitar as instalacións e recibir unha copia do informe de desperfectos, o Consorcio Galego estudará que contía pode aportar para acometer os traballos de mellora.