Investigan a un carteiro de Xinzo por roubar diñeiro a unha funeraria da zona

correos
Investigan a un carteiro de Xinzo por roubar diñeiro a unha funeraria da zona

O repartidor de cartas natural de A Xironda, foi detido pola Garda Civil de Xinzo na tarde do martes, por un delito de roubo continuado. Segundo recolle o xornal "La Región", o home está acusado de subtraer cartos dun vehículo propiedade dunha funeraria da zona, que ten a súa sede no Multicentro.

Os feitos terían acontecido no mes de marzo, cando o carteiro procedeu a roubar no interior do coche aparcado nun garaxe comunitario. Segundo consta da denuncia presentada, o diñeiro que se levou esta persoa podería alcanzar os 5.000 euros.

O propietario da funeraria sospeitaba dos feitos e instalou unha cámara no interior do coche. Así puido confirmar que alguén lle estaba roubando o diñeiro que gardaba no vehículo e que era froito de algúns enterros.

Dende a funeraria prefiren manterse cautelosos e tan só indicaron que en ningún momento o vehículo apareceu forzado.

O detido negou os feitos tras ser interrogado no cuartel da Garda Civil e pese a contar coas imaxes gravadas.

Polo momento o carteiro pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade investigado por un delito de roubo continuado.