Isto e unha INCIDENCIA non un ACCIDENTE

tecnicos
Isto e unha INCIDENCIA non un ACCIDENTE

Así se pronunciaban os responsables das dúas empresas . Repsol Butano e Gas Galicia

Como en toda obra de canalización de calquera cousa existen estes problemas, pero todos somos profesionais e sabemos tratar estas cuestión.

O georradar que detecta as tubarias non e infalible.

Estas eran as cousas que no momento da reparación se podían escoitar polos responsables das empresas que se achegaron a facerse cargo do incidente, segundo eles en tempo récord. Advertir que se tardou mais de 45 minutos en cortar o abastecemento.

Quen non parecía entender igual a cuestión que había sucedido era o Sr. Alclade Antonio Pérez, que comentou que dende mañá daría a orde de que a zanxa de apertura para a nova canalización se realizará polo medio da rúa, para que non volvan a suceder estes problemas.