José Lucas C.B, foi o que se quedou cos cartos dos pataqueiros

patacas
José Lucas C.B, foi o que se quedou cos cartos dos pataqueiros

Detido en Canarias José Lucas C.B, estaba esperando para quedarse con outros 500.000 € da Deputación de Ourense

José Lucas C.B, foi o que se quedou cos cartos dos pataqueiros

Segundo informa o xornal La Región o detido en Canarias o día 8 por efectivos da Policía Nacional é o presunto responsable da transferencia ás contas da súa empresa Jameo& Members dos case 200.000 € que a Deputación transferira en varias cantidades a asociacións da nosa provincia, entre elas a de 90.000 € concedida para axuda a compra dunha máquina para arraxar as cunetas adquirida pola asociación de produtores de pataca que preside o tenente de alcalde de Xinzo, Amador Díaz.

RAPIDA ACTUACIÓN DOS TÉCNICOS DA DEPUTACIÓN O XULGADO E POLICIA LOCAL

1Deputacin de OurenseAnte as chamadas dos que tiñan que recibir as subvencións alertando de que os cartos non estaban nas súas contas, os servicios informáticos da propia Deputación deron alerta ao xulgado que inmediatamente puxo en coñecemento da policía e colleron ao presunto “hacker” nas illas afortunadas.
Segundo o propio xornal o empresario estaba esperando a que a Deputación fixera outra serie de transferencias por valor de 500.000 € para seguir o mesmo procedemento. "Reaccionamos a tempo e fóronlle bloqueadas as contas". Xa retirara algo, pero a maior parte das dúas subvencións recuperouse", apuntaron fontes do goberno provincial.
Segundo información aparecida no xornal La Región Durante a investigación comprobaron que o hacker fíxose primeiro co diñeiro dunha das subvencións e, días máis tarde, volveu entrar no sistema informático e desviou o diñeiro da outra. A investigación continúa aberta co obxectivo de recuperar todo o diñeiro público estafado. Os axentes da Unidade de Delitos Informáticos do Corpo Nacional de Policía tamén traballan para esclarecer os sistemas que utilizou o presunto delincuente cibernético para entrar nos computadores da Deputación e captar o momento en que ía ser transferido o diñeiro "