Kekos súmase á Feira do Comercio con prendas para os máis pequenos

Stand "Kekos Moda Infantil"
Kekos súmase á Feira do Comercio con prendas para os máis pequenos
Kekos achega á Feira do Comercio roupa para nenos e tamén para comunión

Kekos, tenda de moda infantil, chega á Feira do Comercio 2022 con roupa para nenos e tamén para comunión. No stand da feira atópanse tanto algunhas prendas de verán como da próxima temporada.

Javier Pérez e Maria José Fernández destacan que agora mesmo o básico para a volta a clase e o sport é o que máis se busca de cara a setembro. Ademais, para eles é a primeira vez nesta feira polo que esperan ter sorte e darse a coñecer nesta experiencia.