Os ladróns de igrexas entran na de Trandeiras

trandeiras
Os ladróns de igrexas entran na de Trandeiras

Xa van varios nos últimos dias en igrexas da Limia

Os continuos roubos nas igrexas da comarca de A Limia que se sucenden dende xaneiro de 2017 xa suman 25. Esta semana produciuse un roubo no templo de Trandeiras que forma parte do Mosteiro do Bon Xesús. A Igrexia está prácticamente ó lado das casas pero os veciños non se percataron do suceso. Os ladrós forzaron a porta e roubaron a caixa dos cepillos e lampadarios, apoderándose de todos os cartos que contiñan e a cantidade aínda está por determinar. É o segundo roubo nunha Igrexia da Limia nunha semana, pois o anterior foi o pasado día 18 en Piñeira de Arcos (Sandiás) no que tamén roubaron os cartos do cepillo e dos lampadarios.

A Guardia Civil continúa investigando para poder identificar os ladróns, e sosteñen que poden ser os mesmos que roubaron en Piñeira de Arcos e que poden ser veciños de A Limia.