Librería Galaica: "traemos algo de todo"

Stand "Librería Galaica"
Librería Galaica: "traemos algo de todo"
A librería Galaica ofrece na Feira do Comercio literatura de todo tipo, de todos os xéneros

A Librería Galaica ofrece literatura de todo tipo, "traemos algo de todo" comenta Concha Conde. No stand da librería poderase atopar unha selección de libros de todos os xéneros pero se se pide algún "podería traerse sen problema".

Esta tempada afirma que o libro que máis se está vendendo é de Máximo Huerta, "Adiós, pequeño". Ademais, este libro encóntrase entre os favoritos de Concha, e tamén, "dos de toda a vida, o libro El desorden que dejas de Carlos Montero" que di Concha, é un escritor "buenísimo" de Celanova.

"O ano pasado pese a ser un ano complicado no que había límite de aforo, foi ben, e este ano esperamos que sexa mellor" afirma.