A limiá Elvira Lama, responsábel de Comercio na nova Executiva do PSdeG

Elvira Lama, candidata do PSOE
A limiá Elvira Lama, responsábel de Comercio na nova Executiva do PSdeG

A voceira do PSdeG de Xinzo intégrase na dirección nacional do partido tralo pacto entre Leiceaga e Caballero.

Tras unha longa noite de negociacións entre Leiceaga –no presidente do PSdeG– e Gonzalo Caballero –recén escollido Secretario Xeral do partido–, logrouse integrar ambas listas nunha executiva de consenso que deixa fóra ao terceiro en discordia, Díaz Villoslada.

Elvira Lama responsabilizarase da área de comercio na Eecutiva Nacional do PSdeG.

Entre os novoso membros da executiva dos socialistas galegos atópase a voceira do PSdeG no Concello de Xinzo de Limia, que se responsabilizará da área de Comercio.

A nova dirección está composta por 49 persoas. O novo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu este domingo en clausura do XIII Congreso do seu partido para asegurar que, do mesmo, "o PSdeG sae máis forte, máis renovado e con maior capacidade política diante da sociedade".