Xinzo exporta charangas

IMG-20190316-WA0066
Xinzo exporta charangas

A charanga Achicoria está de xira nas Fallas

A charanga Achicoria, unha das charangas de Xinzo está nestes días actuando nas Fallas e levando o nome do noso concello por aquelas terras.

Teñen actuacións en Torrent, València e Quart de poblet.

Para estas actuacións, ademais do repertorio habitual tiveron que engadir algúns pasodobles típicos da festa e para aqueles actos de carácter oficial substituir a vestimenta máis común polo traxe e garabata.