Limialandia continúa divertindo a pequenos e… non tanto

183
Limialandia continúa divertindo a pequenos e… non tanto

O día 5 os Reis Magos finalizarán o seu percorrido alí.

Seis castelos inchables, un touro mecánico, tiro con arco, simuladores de carreiras e varios xogos máis –colectivos e ata un minigolf–, son os atractivos que este ano Limialandia ofrece todas as tardes no Pazo dos Deportes de Xinzo de Limia.

Preto de 10 mil euros fan falla para poder montar todo isto e mantelo aberto todos os días do Nadal. Para que todo funcione perfectamente, a organización conta con 6 monitores que vixían en todo momento cada unha das "atraccións".

Entre 60 e 100 rapaces xunto cos seus acompañantes aproveitan, de media, unhas tres horas diarias. A organización, a partires de hoxe, cobraralle a entrada aos maiores que vaian acompañando a rapaces de máis de 6 anos. Entenden que estes rapaces xa poden quedar sós e así evitan que certos xogos esteán ocupados polos adultos. Tamén poden pagar a entrada e gozar de todo o que alí se atopa.

OS PAIS GOZAN CASE TANTO COMO OS PEQUENOS

184

"Se os deixaramos (aos adultos), tamén se subirían aos inchables", comentan os responsábeis da organización, que este ano está a cargo de Riki e máis da empresa MANTESIL, experta na posta en marcha desta clase de eventos. Como o ano pasado contan tamén coa colaboración do consistorio da capital da Limia, que este ano levará o final da cabalgata de Reis ao pavillón.

185A diferenza que están atopando este ano con respecto o anterior é que xa aparecen polo recinto mozos de entre 15 e 18 anos.