Limialandia continuará aberto até o día 7 de xaneiro

IMG-20171231-WA0042
Limialandia continuará aberto até o día 7 de xaneiro

O parque de atraccións instalou este ano, como novidade, unha pista de xeo.

O Pazo dos Deportes de Xinzo de Limia continúa convertido nun gran parque de lecer e actividades infantís durante o Nadal. Limialandia continuará aberto até o vindeiro día 7 de xaneiro, en horario de tarde –de 15:30 a 20:30 horas–, para goce dos máis pequenos da casa.

Este ano destaca a novidade da instalación dunha grande pista de xeo no interior do Pavillón.