Limialandia volve a Xinzo por Nadal

limialandia
Limialandia volve a Xinzo por Nadal

O importe da entrada ao parque das atraccións será de cinco euros.

Limialandia voltará un ano máis a Xinzo. Os máis cativos do concello poderán xogar neste parque de atraccións non permanente dende o venres 23 de decembro ata o xoves 5 de xaneiro, en horario de 15:30 horas a 21 horas. Limialandia enmárcase dxentro dun variado programa cultural de Nadal que dá comezo este venres –como xa anunciamos no Dende a Limia– coa gala da Academia Danzón no Auditorio da Casa da Cultura ás 20:30 horas.

O importe da entrada ao parque das atraccións será de cinco euros.