Literalmente: Daquelas chuvias, estes lodos

IMG_1967
Literalmente: Daquelas chuvias, estes lodos
REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Despois de que a antiga lagoa de Antela volvese á vida na Limia, tras chover sobre mollado durante meses,...
REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

Despois de que a antiga lagoa de Antela volvese á vida na Limia, tras chover sobre mollado durante meses, por fin saíu o sol. A mellora do tempo animou aos castigados agricultores a reactivar as súas tarefas no campo, pero o seu optimismo volveu ser superado pola natureza. A capa freática limiá viuse tremendamente superada tralo paso de “Qumaira”, “Ruth”, “Stephanie” e o resto de borrascas.  O bo tempo dos últimos días non foi quen de secar máis que a superficie. Deste fenómeno derivouse o episodio que se viviu nunha leira en Xinzo, na que un tractor quedaba, como se aprecia na fotografía, enterrado na terra.