sábado 4/12/21

O grupo municipal popular manifesta a súa satisfacción polo nomeamento de Collazo

 REDACCIÓN

[email protected]

As primeiras reaccións ante o sorprendente e inesperado nomeamento do vicario parroquial de Xinzo de Limia, Jaime Collazo, como bispo auxiliar de Valencia non se fixeron esperar. O primeiro en opinar foi o grupo municipal do Partido Popular mediante o seu voceiro, o concelleiro, Manuel López Casas.

Este membro da corporación valorou “moi positivamente” esta honra para o vicario parroquial da vila. Felicítao e encoméndao a Deus nas súas oracións, encargándolle a Lola Calvo, concelleira de Medio Ambiente, a “organización das homenaxes de despedida, así coma da comitiva que acompañará ao novo bispo nos actos de chegada á súa nova diocese de Valencia”.

Comentarios