11 de abril de 2018, 21:48
Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, recibiu no seu despacho en audiencia ao novo alcalde de Xinzo Manuel López Casas.
Tan solo tres días despois do seu nomeamento e toma de posesión Casas, trasladoulle ao presidente provincial varias actuacións que requiren un empuxe no concello e que ata agora estaban un pouco atascadas, así como outros proxectos de interese para o noso Concello.
Segundo manifestacións do novo alcalde, aínda que vellos coñecidos, as sensacións foron moi boas , e os compromisos do presidente Baltar coas peticións de Casas, parece que pronto se poderán coñecer.