Luís José Carrera, xa é novo concelleiro do PP na corporación de Xinzo

IMG_8659
Luís José Carrera, xa é novo concelleiro do PP na corporación de Xinzo

Aos membros da oposición non lles gusta o deseño da “bandeira” aínda que si aprobarían ao 100% o novo deseño de escudoAos membros da oposición non lles gusta o deseño da “bandeira” aínda que si aprobarían ao 100% o novo deseño de escudo

Antes de dar comezo o pleno, o alcalde en nome de toda a corporación quixo felicitar a Rubén Diz, corredor limián que no pasado campionato de España “Master” en pista cuberta acadou a medalla de prata nos 3.000 mt.

IMG_8652Despois de aprobar por unanimidade a acta anterior o alcalde tomou xuramento a Luís José Carrera Álvarez que ocupa a vacante deixada por Montse Lama, por renuncia.
Logo do xuramento por parte do novo concelleiro e nas súas primeiras intervencións, tódolos grupos políticos déronlle a benvida ao novo compañeiro de corporación, ironizando algún deles, con que esperaban que fose o último desta lexislatura en entrar, posto que se estaban quedando sen postos na lista.
Foron aprobados cos votos do grupo de goberno e a abstención do PSOE e BNG e negativo de grupo de Xa ao punto 3 referente a transferencia de crédito para a concellería de cultura en 50.000 €. Neste punto a portavoz do PSOE Elvira Lama, bota de menos unha programación anual, e non una programación a “salto de mata”. Manuel Campos entende que esta partida de estes cartos é para facer a campaña electoral.

Debatéronse conxuntamente o punto catro e cinco, no que desta volta o PSOE e BNG abstivéronse e votaron a favor os do grupo de Xinzo Adiante.

NON HOUBO ACORDO COA BANDEIRA E ESCUDO

img_20180727_0006Un dos puntos seguintes nós que o acordo foi imposible era o referente ao novo deseño do escudo e bandeira. Os tres grupos da oposición solicitaron que se puidera votar independentemente polo deseño de escudo, co cal estaban todos de acordo pero tamén todos manifestaron estar en contra do deseño da bandeira que os representantes da oposición chamaron “estandarte”. O responsable de Cultura e portavoz defendeu a votación conxunta e a imposibilidade de tomar en conta propostas tales como una bandeira branca e negra, como propuxera o portavoz de XA en comisión, explicando que os responsables de heráldica da Xunta xa informaran de que os concellos efectivamente non poden ter bandeira e que simplemente pode ser un reflexo do escudo nun pano “bandeira” ou “estandarte”.Tomou a palabra o alcalde para rematar este tema indicando aos edis da oposición, que nos meses que ten que estar exposto para alegacións fixeran as que tiveran a ben, quedando aprobado o punto cos votos a favor do grupo que sustenta o goberno municipal, absténdose o PSOE e BNG e facendo en contra os membros de XA.

Moción conxunta sobre o Auditorio

O seguinte punto na orde do día era o referido a unha moción conxunta de todos os partidos para instar as distintas administración Provincial e Autonómica para que acheguen financiamento para a construción dun auditorio en Xinzo. Aínda que a moción era conxunta a portavoz do PSOE quixo agradecer a tódolos grupos incluído o de goberno a unirse a proposta feita por eles. O portavoz do PP Carlos Gómez, recriminoulle a Sra. Lama a autoría en exclusiva, posto que os membros do PP, levan traballando dende fai anos, xa en lexislaturas anteriores este proxecto, aínda que efectivamente ela foi a que esta vez fixo a proposta, despois dun acto na escola de Música. A proposta foi votada afirmativamente por todos os grupos.

Moitos rogos,e preguntas por parte do representante do XA

Pasouse logo a última parte do pleno no que Manuel Pérez presentou unha moción de urxencia baseada no incremento de “trapicheo” en certos lugares da vila moi concentrados. Despois dun rifirrafe entre el e o alcalde no que cada un interpretaba unha cousa sobre o proceder da urxencia o grupo de goberno entendeu que isto que estaba a expoñer non era de urxencia , porque eses temas xa estaban a ser vixiados polas forzas de seguridade. Foi entón Luís M. Gil concelleiro de Educación e Xose Miguel do Xa os que interviron acaloradamente para aclarar o primeiro, que lle podía ensinar ata vídeos das intervención de policía local e axentes de paisano nos lugares a que el se refería.

Pasouse logo aos rogos e preguntas.No primeiro Manuel Pérez pediulle ao alcalde o cese do Concelleiro Ricardo Sieiro como representante do Consello Escolar do IES Cidade de Antioquía por no haber asistido a ningunha das súas reunións agas a da semana pasada, cando a visita da delegada territorial da Xunta.

IMG_8654Outra das preguntas feitas polo portavoz de XA foia a referida a situación das “lonas” do Entroido, preguntando en concreto “por que non se pediron as autorización pertinentes para colocar as devanditas lonas?

Tomou a palabra o portavoz de PP e concelleiro de Cultura responsable directo da organización da festa do Entroido, non a comisión, que simplemente son persoas que axudan a súa organización.

Esas lonas formaban parte dun proxecto que se ía levar adiante xa fai tempo, pero pola enfermidade dun membro da brigada e despois do acontecemento do outorgamento a festa como internacional, precipitou o feito de poñelas encargándoselle a feitura e posta a empresas de Xinzo. Agradeceu os comentarios feitos por el mesmo, postergando ese tema para despois do Entroido. Mandeinas retirar precisamente para que este non fora un problema e cara o bo funcionamento , como así foi do Entroido, aínda que o que non se conseguiu foi continuar coa polémica.

ELVIRA LAMA DEFENDEU A SÚA POSTURA

IMG_8650

Tomou logo a palabra a portavoz do PSOE, Elvira lama, para manifestar que eles simplemente neste tema o que fan, ao igual que outros e de control ao goberno. Entendemos que isto era un atentado contra o noso patrimonio. Rematou coa pregunta de que si pode calquera empresa colocar lonas sen as respectivas autorización por parte dos técnicos?. Carlos Gómez manifestoulle a concelleira que as súas manifestacións, logo puntualizadas, nun principio foron moi duras. Eu, e todos os membros desta corporación están totalmente identificados co noso patrimonio e intentamos cumprir coa lexislación. Aproveitou Carlos Gómez para “irónicamente” ensinarlle a representante do PSOE unhas fotos do balcón da súa sede, indicándolle que seguramente teñen todos os permisos e autorizacións para poñelas.

Tomou a palabra novamente Elvira Lama para preguntar como está neste momento o “conflito” cos membros da Policía Local no tocante a débeda de horas extras segundo os propios policías e do calendario. Foi Manuel Cabas, alcalde o que deu a explicación pormenorizada comunicándolle que este tema estaba nunha vía de resolución inmediata. Por último a representante socialista solicitou a relación das subvencións aboadas ás distintas entidades e a aquelas que non se abonaron por non haber presentado a xustificación pertinente.

Rematado este rogo o alcalde deu por finalizado o pleno.