Luis Menor comprométese co alcalde de Xinzo, a “manter sempre aberta a vía do diálogo co concello”

Reunión Luis Menor (Presidente da Deputación Ourense) con Amador Díaz Penín (Alcaldesa de Xinzo de Limia) acompado de Antonio Fernández Veiga
Luis Menor comprométese co alcalde de Xinzo, a “manter sempre aberta a vía do diálogo co concello”

O presidente da Deputación completou esta tarde a terceira rolda de reunións con rexedores de toda a provincia, co fin de coñecer de primeira man as necesidades e peticións de colaboración supramunicipal

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta tarde, no Pazo Provincial, aos alcaldes dos municipios de Xinzo de Limia, Avión, Maceda, Montederramo e Xunqueira de Ambía. Os encontros de traballo con Amador Díaz, Antonio Montero, Uxía Oviedo, Óscar Diéguez e José Luis Gavilanes conformaron a terceira rolda destas características que mantén o presidente provincial, co fin de coñecer a primeira man as necesidades e peticións de colaboración supramunicipal.

Reunión Luis Menor (Presidente da Deputación Ourense) con Amador Díaz Penín (Alcaldesa de Xinzo de Limia) acompado de Antonio Fernández Veiga e Carlos Gomez Salgado (PPOU de Xinzo de Limia)..
Reunión Luis Menor (Presidente da Deputación Ourense) con Amador Díaz Penín (Alcaldesa de Xinzo de Limia) acompado de Antonio Fernández Veiga e Carlos Gomez Salgado (PPOU de Xinzo de Limia)..

Precisamente, e partindo deste obxectivo, Luis Menor trasladoulles aos rexedores, como xa realizou nas anteriores ocasións, o seu firme compromiso de “manter sempre aberta a vía do diálogo e a cooperación leal da Deputación cos concellos”, lembrando que ese principio é o alicerce fundamental da institución que preside.