Luis Vallecillo e a Banda do Cuberto

luis vallecillo
Luis Vallecillo e a Banda do Cuberto

Hoxe as 20h na Praza Maior de Xinzo a segunda parada de Cultura no Camiño 2018

Hoxe, sábado 14 de xullo, teremos a segunda parada de Cultura no Camiño 2018 na Praza Maior de Xinzo, as 20h. Desta vez Luis Vallecillo entreterá os máis cativos co seu concerto de música infantil.

Un conxunto de contos clásicos cos que tantas xeracións soñaron na infancia volven de xeito diferente, transformados en diversas cancións con un estilo rock e blues, na nosa lingua para que os cativos e cativas as canten, entre as que están “Xan Sen Medo”, “Os tres porquiños”, “O galo Kiriko” e máis entre xogos musicais e moitas sorpresas.

Cantamos un Conto?

Este proxecto nace dende a idea de que cada intervención sexa única e inesquencible. Un concerto diferente no que caben diversos contos cantados que poden variar dependendo de determinadas efemérides, festividades, conmemoracións, etc. pero que coinciden no seu tono desenfadado e divertido.