domingo. 27.11.2022

Cun patio de butacas ateigado de familiares directos e amigos comezou o Festival de fin de curso do Conservatorio Profesional de música de Xinzo.

Sara Martínez  e Vladimir Carballo actuaron de mestres de cerimonias para presentar  a tódolos participantes no festival, alumnos e alumnas do conservatorio.

Polo escenario foron pasando ben individualmente ou en grupo os máis de 100 alumnos que foron presentando pezas musicais de compositores consagrados  ou ben do folclore popular.

Un ano máis o éxito de público e o cariño cara ós  músicos fixo que o festival fora un un acto seguido por moitos  centos deentusiastas  que ían entrando e saíndo , segundo foran actuando  ós seus.Festival conservatorio3

Comentarios