Máis de 200 tractores participaron esta mañá nunha protesta en Xinzo.

Concentración dos tractores no parque do Toural (Foto Belca)
Máis de 200 tractores participaron esta mañá nunha protesta en Xinzo.

Estaba a cabeza da tractorada na gasolineira do polígono e saía o último tractor parque do Toural.

Centos de veciños saíron á rúa para apoiar as reivindicacións do sector agrogandeiro, que se atopa nunha situación límite.

002

Máis de 200 tractores tomaron esta mañá as rúas de Xinzo de Limia e, ao seu paso, evidenciouse o apoio de todo un pobo co sector agrogandeiro. Centos de veciños saíron á rúa para apoiar as reivindicacións dos produtores cos seus aplausos ao paso destes vehículos. Esta protesta, convocada por Unións Agrarias, o Sindicato Labrego Galego, a Asociación de Produtores de Pataca da Limia, Fruga e Adegal comezou no Toural e pasou polas rúas 2 de Maio, Avenida de Ourense, pista de Morgade, estrada de Baronzás, Curros Enríquez, San Sebastián, avenida de Madrid e 2 de Maio para volver ao inicio. O percorrido foi o preludio dunha manifestación na que os afectados volveron a alzar a voz como xa sucedeu o martes na Praza Carlos Casares.

0001
Foto (Belca)