Máis recortes no centro de saúde de Xinzo que pasa de ter dúas enfermeiras a unha no servizo de pediatría

centro saude xinzo
Máis recortes no centro de saúde de Xinzo que pasa de ter dúas enfermeiras a unha no servizo de pediatría

Os feitos foron denunciados polo PSOE de Xinzo

Unha nova redución de persoal no centro de saúde de Xinzo preocupa ós pais, nais e profesionais de dito centro. Os menores de 14 anos pasan de estar atendidos por dúas enfermeiras a unha soa a partir de novembro que se fará cargo de 1500 rapaces. "A gravidade dos feitos é maior niste caso por deixar de atender a poboación infantil, nas súas patoloxías diarias, nos controis periódicos e campañas de vacinación, así como a educación para a saúde que dan estes profesionais no primeiro ano de pubertade", sinala a portavoz dos socialistas de Xinzo.

Elvira Lama apunta que "os recortes da man da Area de Xestión Integrada de Ourense, da que é xerente Eloína Núñez, parente de Núñez Feijoo, son aforrar a costa da calidade asistencial dos máis vulnerables, neste caso os menores". Din os socialistas que non teñen en conta que o servizo de pediatría queda "coxo" ó contar con dous médicos pediatras e só unha enfermeira para todos.

Xa está en marcha unha recollida de sinaturas por toda a comarca para denunciar a situación. Con tal fin, o PSOE de Xinzo vai enviar unha carta a Eloína Núñez, como responsable máxima da política restrictiva dos dereitos sobre a saúde dos limiaos, apuntan.

Os grupo municipal socialista quere denunciar así os constantes recortes no centro de saúde da vila que afectan tamén ó material. Sosteñen que mesmo tiveron que tirar vacinas ó lixo que se estropearon porque o PAC de Xinzo non conta cun frigorífico axeitado para gardalas.