O mal tempo remata cos paraugas e coa festa da cervexa

paraugas
O mal tempo remata cos paraugas e coa festa da cervexa

Algunhas vivendas de Lamas e Casas da Veiga inundáronse polas intensas choivas

A choiva non cesa nesta xornada de domingo e complícase a situación ó vir acompañada de fortes ventos. Na Limia non parou de caer auga en todo día o que provocou que numerosas vivendas se inundaran. Así foi o caso de Lamas ou Casas da Veiga onde tiveron que acudir os efectivos de emerxencia para achicar a auga. As precipitacións intensas están causando algún que outro susto nas estradas secundarias por mor das balsas que se forman, como sucede á altura de Perrelos.

O vento forte que comezou a soplar a partir das 15.30h da tarde deixou imaxes curiosas como a deste contedor que nun momento mesmo invadiu o carril da estrada principal de Xinzo. contedor

Os paraugas acumúlanse nas papeleiras e costa amarralos para que non rachen ou saian voando.

O mal tempo tamén puxo fin a festa da cervexa artesá que tiña previsto rematar hoxe ás 21h pero á tarde xa estaban acabando de recoller.

carpa

A carpa situada na Praza Maior de Xinzo tivo que ser amarrada cunhas cordas ós coches para que non saise voando na noite do sábado.

Unha fin de semana complicada para degustar os produtos dos cervexeiros que chegaron dende toda Galicia.

A previsión meteorolóxica anuncia menos precipitacións para o luns e unha baixada das temperaturas.