Mañá aprobaranse os presupostos do concello de Xinzo para o 2021

Casa do Concello de Xinzo de Limia. | FOTO: Recuperada.
Mañá aprobaranse os presupostos do concello de Xinzo para o 2021

Será no primeiro pleno ordinario telemático.

O salón de plenos do Concello de Xinzo será escenario do primeiro pleno ordinario na historia de Xinzo de maneira telemática.

Aínda que o salón está preparado para a xestión telemática cunha inversión que superou os 4.000 €, os concelleiros poderán elixir a maneira da súa participación, presencial ou online.

PRESUPOSTOS 2021

No segundo punto da orde do día estudiaranse para a súa aprobación, que así será cos votos dos membros do grupo de goberno os presupostos do Concello para este ano 2021 cuxos números principais son :

TOTAL PRESUPUESTO DE INGRESOS 8.476.000,00.- 100,00%

TOTAL PRESUPUESTO DE GASTOS 8.000.000,00 .- 100,00%

Na proposta enviada ao Ministerio de Facenda, obrigou ao Concello a rebaixar o presuposto de gastos un 3% .

A cantidade destinada a inversións será de 962.750,00.- un 12,03% do presuposto de gastos.

CAMBIOS NAS COMISIÓNS INFORMATIVAS

Despois do paso de Montse Lama do grupo de Cidadáns ao de NON adscritos, isto provoca un cambio nas comisións informativas , da cal se dará conta ao plenario.

Para ver a orde do día, prema aquí.