Mañá asínase o convenio para a mellora do saneamento en Fiestras

fiestras
Mañá asínase o convenio para a mellora do saneamento en Fiestras

Asinarase na Sala de Xuntas do Concello de Xinzo de Limia

Mañá, mércores 18 de abril, ás 12:00 horas na Sala de Xuntas do Concello de Xinzo de Limia, o rexedor da capital da Limia, Antonio Pérez, firmará o convenio coa Confederación Hidrográfica para a mellora do saneamento da localidade de Fiestras coa instalación dunha nova depuradora e para a instalación dunha nova planta de bombeo para a Depuradora de Laroá.

Actualmente tanto Fiestras como parte dos habitantes de Santa María de Laroá están empregando fosas sépticas como solución ás augas residuais producidas. Estas práctica non conta coa autorización de vertido da Confederación Hidrográfica Miño Sil. Ademais, a fosa que existe ao sur de Laroá está situada moi próxima ao cauce do río Nocelo.