Mañá día 6 os Danzantes de Lamas sairán a rúa

228
Mañá día 6 os Danzantes de Lamas sairán a rúa

Acompañarán a procesión no seu percorrido polas rúas do pobo

Lamas, localidade do municipio de Xinzo, celebra o desfile dos “danzantes”, que se intercala coa procesión relixiosa das festas da Santa Cruz. Son danzas gremiais cuxo obxectivo é a exaltación da primavera; oito rapaces, ataviados con coroas de flores e saias vermellas, renden tributo á Santa Cruz. Agora mesmo apróbase tamén a colaboración das mulleres no baile.


Esta celebración consta de seis danzas: unha danzas de castañetas, catro danzas de palillos e unha danza de trenzado. Os pasos son sinxelos aínda que requiren de moito ritmo e coordinación.

Este ano a música pona a Agrupación Musical da Limia.