Mañá espléndida de sol para visitar un día máis aos nosos defuntos

Lápidas de 1898 e 1901
Mañá espléndida de sol para visitar un día máis aos nosos defuntos

Xinzo pode presumir de ter 4 cemiterios en perfecto estado

Estes tres últimos días foi un non parar de veciños de Xinzo nos catro cemiterios que ten na vila. Pero hoxe, despois de estar a maioría das rúas dos mesmos engalanadas de flores, xa se fai unha visita máis sosegada e case de alivio ao ver que todo segue como se deixou de preparado estes días.

A PIQUES DE TER OUTRO CEMITERIO MÁIS

Aínda que como dixemos Xinzo, conta con catro cemiterios, algún con máis de 200 anos estivo a piques esta semana de poder ter outro máis, se a moción levada a Deputación para a construción de outro onde se puidera dar repouso a persoas de outras relixións e culturas, non fose rexeitado polo PP,BNG, DO e a concelleira NON adscrita de Xinzo.

Aspecto que mostraban esta mañá os cemiterios de Xinzo