Mañá mércores as 17:00 Pleno extraordinario en Xinzo

pleno dia 8
Mañá mércores as 17:00 Pleno extraordinario en Xinzo

Manuel Cabas será o candidato do PP

Aínda que non existe convocatoria oficial, posto que non chegou a credencial de Isidoro, o próximo da lista do PP, os concelleiros están avisados, por consenso cos da oposición para que mañá as 17:00 se faga o pleno extraordinario de toma de posesión do novo concelleiro e a elección do alcalde para estes nove meses que faltan ata as próximas eleccións municipais do mes de maio de 2019. De momento non trascendeu aos medios de comunicación locais, se vai haber outra candidatura por parte dalgún dos representantes dos partidos da oposición. Parece ser que Elvira Lama reuniu ao seu comité a semana pasada para ver de presentar a súa candidatura a dirixir o concello, pero nada se sabe oficialmente, ata este momento.

AÍNDA NON HAI CONVOCATORIA OFICIAL

Segundo puidemos saber,a credencial do novo concelleiro chegará mañá pola mañá, co que a convocatoria oficial farase na mesma mañá con urxencia, e Cabas será proclamado alcalde de Xinzo na sesión que terá lugar no salón de plenos as 17:00.