Mañá pode abrir todo o comercio da Limia

IMG_20200319_123644
Mañá pode abrir todo o comercio da Limia

Restaurantes e cafeterías solo poderán entregar os pedidos feitos por internet ou teléfono

Para acceder a eles, os clientes deberán solicitar cita previa e permitirase unha persoa dentro do local por cada traballador. Garantirase a atención individualizada, a separación interpersoal e, chegado o caso, a instalación de biombos que dificulten os contaxios.

Establecerase un horario de atención preferente para maiores de 65 anos, que deberá coincidir coas franxas horarias que permiten aos maiores saír a pasear á rúa. A recollida de produtos deberá ser graduada, a fin de evitar aglomeracións en interior do local ou os seus accesos.

Tenda comercio xustoQueda prohibido o seu consumo no interior dos establecementos. O cliente deberá realizar o pedido por teléfono ou en liña e o comercio fixará un horario de recollida do mesmo.
Nos establecementos nos que sexa posible a atención personalizada de máis dun cliente ao mesmo tempo, deberase sinalar de forma clara a distancia de seguridade de dous metros entre os clientes, con marcas no chan ou mediante balizas, carteis ou sinais.
Pique aquí para consultar o BOE do 3 de maio.
Os clientes non poderán utilizar os aseos dos establecementos comerciais, salvo en caso estritamente necesario. De facelo, deberán ser desinfectados tras o seu uso. Os locais que reabran realizarán, polo menos dúas veces ao día, unha limpeza e desinfección das instalacións, "con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes como pomos de portas, mostradores, mobles, pasamáns, máquinas dispensadoras, chans, teléfonos, perchas, carros e cestas, billas", segundo alerta o Boletín Oficial do Estado.

Unha das limpezas do local realizarase, obrigatoriamente, ao finalizar o día. Ademais, deberán desinfectarse diariamente vestiarios, despachos de billetes, aseos, cociñas e áreas de descanso cando haxa máis dun traballador atendendo ao público. Deberán poñerse ao dispor dos clientes xeles hidroalcohólicos, que deberán estar sempre en condicións de uso.

Os establecementos deberán contar con papeleiras (non manuais) nas súas saídas.

B.O.E Fase 0