Mañá venres haberá alcalde ou alcaldesa

130
Mañá venres haberá alcalde ou alcaldesa

Para as 12:00 está convocado o pleno extraordinario

Mañá venres as 12:00, quedarán definitivamente aclaradas todas as dúbidas xurdidas nestas últimas semanas no que corresponde a xestión do Concello, unha vez que o anterior alcalde dimitiu do seu cargo e da súa acta de concelleiro.

88Como xa viñemos anunciando Ricardo Sieiro será o seu substituto como concelleiro e Manuel López Casas deixará de estar en funcións para selo de pleno dereito.

A esa hora está convocado un pleno extraordinario , que como primeiro punto da orde do día está a decisión de decláralo urxente, para a continuación, xurar ou prometer o seu cargo de concelleiro a Ricardo Sieiro e posteriormente a votación de elección de alcalde ou alcaldesa.

ESPÉRANSE AS MESMAS VOTACIÓNS

Como ocorrera fai 3 anos na elección de Antonio Pérez, os grupos da oposición votarán,previsiblemente , cada un ao seu portavoz e os 9 votos do grupo de goberno do PP farano para que sexa alcalde López Casas.

A partir dese momento acabarase a provisionalidade e comezará outra etapa política en Xinzo ata dentro de 14 meses nos que seremos chamados outra vez ás eleccións municipais.