Mañá xoves ás 11:00 Pleno ordinario de Abril

casa concello noite
Mañá xoves ás 11:00 Pleno ordinario de Abril

Un dos temas máis importante a debater sería a aprobación definitiva do \“estudo de detalle\” que presentou \“Mercadona\” para a instalación do seu supermercado

Entre outros temas que irán á sesión ordinaria será a solicitude ao Ministerio de Facenda para que autorice ao concello á reposición das dúas prazas vacantes de Policia Local existentes neste momento no noso municipio.

Tamén vai no ordende do día do Pleno a autorización para destinar patrimonio municipal de solo a reducir débeda económica e financeira.

Así mesmo tamén se debaterán varias mocións dos distintos grupos políticos que conforman a Corporación Municipal