Manila Sport Wear oferta prendas de gran variedade tallas

Stand "Manila Sport Wear"
Manila Sport Wear oferta prendas de gran variedade tallas
Manila Sport Wear leva á feira do comercio prendas para sacar stock con tallas dende 0 a 3 meses e ata 3XL

Dende o stand de Manila Sport Wear comentan que é moi importante esta feira para sacar stock antes de comezar coa nova tempada. Comentan tamén que o calzado para os nenos que comezan o cole é un claro protagonista nas ventas.

Neste stand pódense encontrar prendas dende 0 a 3 meses e ata 3XL. Ademais, aínda que o seu público habitual xa consuma no stand, a Feira do Comercio considéranna un espazo para que a xente que vén de fóra coñeza o comercio e leve algunha prenda para casa.