Para manter unha relación directa coas institucións europeas e informar de asuntos clave á veciñanza

Elvira Lama
Para manter unha relación directa coas institucións europeas e informar de asuntos clave á veciñanza
A rexedora recibiu unha carta de Bruselas na que se lle agradece a súa disposición para facer de interlocutora entre Europa e os veciños e veciñas do municipio

A celebración do Día de Europa, como cada 9 de maio, terá este ano un significado especial no concello de Xinzo de Limia. A alcaldesa, Elvira Lama, vén de ser designada corresponsal local de Unión Europea. Nunha carta remitida dende Bruselas explícase que a rexedora pasa a ser membro da rede que leva por lema “Construír Europa coas autoridades locais” e agradécese a súa disposición para informar sobre asuntos da UE no municipio

“e nunha relación privilexiada e directa coas institucións europeas”.

Tal e como subliñan dende Bruselas , “crear conversacións sobre a UE a escala local é esencial para manter o impulso xerado pola Conferencia sobre o Futuro de Europa e no marco de NextGenerationEUES”. Por iso a declaración de Elvira Lama como corresponsal local da Unión Europea favorecerá a difusión de asuntos de interese entre a cidadanía. Tamén axudará a impulsar a implicación dos veciños e veciñas e a entablar debates en torno a eses mesmo temas, así como sobre o futuro de Europa. A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama promoverá debates coa cidadanía sobre as iniciativas e medidas políticas levadas a cabo pola Unión Europea en diferentes ámbitos.