Manuel Cabas, novo alcalde de Xinzo de Limia

20180822_173144
Manuel Cabas, novo alcalde de Xinzo de Limia

Tras a votación, ocupará o cargo en principio ata o final da lexislatura

O pleno comezaba ca intervención da Secretaria Municipal previa a votación da urxencia do pleno. A Secretaria Explicaba os motivos polos que o pleno se convocaba de forma urxente e porque se facía hoxe. O pleno non se convocou con dous días de antelación porque a credencial chegou hoxe a mañá e polo tanto saíu hoxe a convocatoria.

20180822_165910

Antes de comezar a votar a urxencia, Manuel Pérez Campos deu unhas palabras dicindo que non é normal que os concelleiros se enteren antes da convocatoria do pleno pola prensa que por medios oficiais e que a credencia fai falta para celebrar o pleno, non para convocalo e que se debeu ter feito doutro xeito. A Secretaria Municipal aclarou que a Junta Electoral Central dixo que non estaba a persona que debe firmar a credencial e fíxose de xeito extraordinario. Tras a intervención do Portavoz de Xinzo Adiante, o representante do grupo mixto - BNG Ramiro Rodríguez tamén comentou que era hora de rematar co espectáculo e facer que o Concello de Xinzo de Limia funcione de forma correcta e deixe de estar na boca de todos para mal, ademáis de que os veciños deixen de perder o tempo. Tamén interviu Elvira Lama, quen continuou coas críticas dos dous anteriores Portavoces.

Tras as intervencións da oposición, aprobouse a urxencia do pleno, e continuouse ca asignación e toma de posesión do Concelleiro sustitutivo do Partido Popular Isidoro Sánchez.

20180822_165932

O seguinte punto foi a votación para o nombramento do novo alcalde do Concello tras a dimisión de López Casas. O novo alcalde será quen conteña maioría absoluta ou o candidato da lista máis votada. A votación foi secreta, pero antes de comezar os candidatos dos partidos da oposición, Manuel Pérez Campos por Xinzo Adiante, Elvira Lama polo PSdeG-PSOE e Ramiro Rodríguez expresaron e renovaron os motivos polos que se presentan a alcaldía. Tras as votacións, o elexido con 9 votos de 17 posibles foi Manuel Cabas do Partido Popular, quen será o novo alcalde. Tras a toma de posesión, xa alcalde de Xinzo de Limia agradeceu a todos os veciños do Concello e invitou a todos os membros da oposición a establecer unha boa relación para que o Concello de Xinzo de Limia sexa cada día mellor.