Manuel Mandianes visita Xinzo para participar nunha conferencia sobre Entroido

mandianesuno_270x250
Manuel Mandianes visita Xinzo para participar nunha conferencia sobre Entroido

A cita é o martes ás 20h na Casa da Cultura

O antropólogo e escritor de Loureses visita a vila para falar sobre a orixe do Entroido nas celebracións mandianesuno_270x250funerarias. Falará sobre as distintas celebracións que fan os pobos deste festexo tan popular na provincia de Ourense.

A cita será o martes 2 de febreiro ás 20h na Casa da Cultura de Xinzo. O seguinte día, o mércores, visitará Verín para tratar tamén sobre a oride do Entroido a través desta conferencia e mesa redonda.