Maquinaria "para o grande e o pequeno produtor"

Maquinaria "para o grande e o pequeno produtor"
José Estévez As Ferreiras trae a ALiMAGRO maquinaria de todo tipo

José Antonio, do stand José Estévez As Ferreiras, comenta que traen maquinaria de todo tipo, "maquinaria máis grande para o produtor de pataca e maquinaria máis pequena para o produtor particular".

"Mostrar a maquinaria é unha axuda para o retorno despois da feira, non é que se venda aquí, senón que o importante é que despois acudan ao teu comercio" di José Antonio. Así, as persoas pasan, ollan e miran para despois comprar o que lles interesa. A función dos stands é máis de carácter expositor que unha feira con resultados amplos de ventas in situ.

Explica José Antonio que hai moita expectación polos tractores grandes e tamén máquinas especiales, como máquinas para recoller castañas, máquinas de dar sulfatos, de cortar vides... Ademais, comenta que a diferenza doutros anos, estase notando o encarecemento xeral e este afecta tamén ás ventas.