María do Ceo visita Xinzo para presentar o seu novo disco

do ceo
María do Ceo visita Xinzo para presentar o seu novo disco

A cita será o venres a partir das 20h

A cantante de fado visita a Limia para presentar o que é o seu novo disco-libro que saiu á luz en Xaneiro. Chega á Casa da Cultura de Xinzo co seu traballo "de Portugal a Galicia fado".

Na presentación que terá lugar o venres ás 20h, ademáis da artista estarán tamén o rexedor de Xinzo, Antonio Pérez; o párroco Jaime Collazo; o autor, letrista e poeta, Armando González e o presidente do Liceo de Ourense, Xavier Casares.

María do Ceo é coñecida como a raíña do fado. Naceu en Porto e sendo cativa trasladouse á cidade de Ourense onde comezou a traballar como caixeira dun supermercado. Foi en 1993 cando deu o salto ó mundo da música. Agora, 23 anos despois, presenta o que xa é o seu disco número 12 e farao diante de todas aquelas persoas que queiran achegarse ó auditorio municipal.