María do Ceo, xa é filla adoptiva de Xinzo

Maria doo ceo2
María do Ceo, xa é filla adoptiva de Xinzo

No salón de plenos foille entregada a placa e o diploma que acredita a súa condición dende o día de hoxe

Moitos son os méritos que fixeron que a corporación por unanimidade acordara o 13 de marzo deste ano outorgar o título de filla adoptiva a María do Ceo, que cando tiña 12 anos trasladouse coa súa familia a nosa vila.

Posiblemente o feito de ser cantante llo deba o comentario que Dña. Pilar, a súa mestra, lle fixo a súa nai:

Esta rapaza ten moi bo oído e moita mellor voz, deberían levala a un conservatorio

Comenta María que garda uns recordos extraordinarios da súa estadía na escola, por non sentirse rexeitada, como así lle ocurriu noutros lugares. Tamén recorda as tarde de pesca co seu pai e a súa irmá pequena.

Non esuqce os seus primeiros \“pintos\” coa música, cantando arriba dos barrís de viño dunha taberna que tiñan os país dunha moi boa amiga súa.

Recibo este título, o mais importante da miña vida, non só polo propio honor se non polo que significa de vencellamento de Galicia e Portugal.

Rematou o acto coa interpretación, acompañada coa guitarra dunha canción composta para a ocasión titulada \“Xinzo\”.

Tódolos asistentes agasallaron a homenaxeada con aplausos continuados ata que por último recibiu un ramo de flores de mans dunha concelleira.