O martes Xinzo celebra o seu pleno ordinario

pleno
O martes Xinzo celebra o seu pleno ordinario

Será este martes, día 19 de setembro, a partires das 11:00 horas da mañá.

Este martes, día 19 de setembro ás 11:00 horas, celebrarase o pleno ordinario do mes no Concello de Xinzo de Limia. Entre outros asuntos e trámites, debaterase a proposta da Alcaldía en relación ao Plan de Pagos municipal para poder facer fronte á débeda que o consistorio mantén con Gas Natural Fenosa.

Así mesmo, tamén se deberán aprobar os expedientes de honra aos membros da policía xudicial recoñecidos polo concello debido ao seu traballo.

Na imaxe seguinte poden observarse todos os puntos da orde do día:

pleno