Xinzo acolle unha Máster Class solidaria co fin de colaborar coa Cruz Vermella

roja
Xinzo acolle unha Máster Class solidaria co fin de colaborar coa Cruz Vermella

A cita deportiva será o xoves na praza de San Roque previa inscrición

A Cruz Vermella de Xinzo e Fusión Fitness S.L. organizan unha xornada deportiva para a tarde do xoves contando coa colaboración de Centro Sport e o Concello de Xinzo.

A Master Class consiste en sesións de Zumba, Aerotono e C.K.B impartidas por monitores cualificados. Tania Cardenal, Antía Pérez e Daniel Raya son os encargados de por en forma a todas aquelas persoas que queiran participar nas actividades. A Disco Móvil Chery amenizará con música cada clase a partir das 20.30h.

Para anotarse é preciso inscribirse a través da compra dun boleto de lotería do Sorteo do Ouro por un prezo de 5 euros. Poderá mercarse en Fusión Fitness S.L, na Cruz Vermella de Xinzo ou en Centro Sport.