Matilde Gándara Mandianes e os seus recordos

Mati "Brindis", como todo o mundo a coñeceu
Matilde Gándara Mandianes e os seus recordos
"E fun aprendendo algo, gastando material, moitas probas e era o que había. Pero iba facendo"
Matilde gándara
No rincón dedicado ás cámaras fotográficas

Matilde Gándara, naceu en Calvos de Randín, Feás, segundo comenta ela: casei, e fun por aí. Marchamos para Suíza e ao volver, parecía que estabamos no terceiro mundo. E foi nese "terceiro mundo" onde o seu marido montou o negocio.

Daquela facíase todo a man, revelar, expoñer e todo. A casa na que viviamos tiña un cuarto sen luz exterior e pois aproveitamos para facer o laboratorio. E tiñamos unha cociniña e dúas habitacións. Nunha montouse o estudio e quedábanos outra habitación para os dous nenos e nós.

Unha fotógrafa autodidacta

Esta veciña de Calvos, encontrouse coa fotografía a través do negocio do seu marido. El comezou o negocio pero non aturaba á xente, non tiña paciencia ningunha. Polo que marchou a Suíza outra vez. Matilde quedou cos dous rapaces e ocorreuselle probar e facer ela o que levaba vendo moito tempo.

E fun aprendendo algo, gastando material, moitas probas e era o que había. Pero iba facendo, á calle nunca tiña saído.

A súa primeira fotografía na rúa, xurdíu cando un neno lle pide en entroido que lle saque a foto na rúa. Ao siguinte día tiña unha denuncia no cuartel."Nin que decir ten, que era da competencia". Ao chegar ao cuartel, xa me dixeron, non se preocupe que non é delito ningún.

matilde
Mati, ensinando os seus recordos fotográficos

A partir deste momento, Matilde, cos seus dous rapaces vai a Ourense, a facer todos os papeles e permisos para fotografiar na rúa e cando foi a tempada de comunións, plantouse na Igrexa. Sería sobre os 70, o home quedou tieso, iso non o contaba.

Así, arrancou co negocio e xa se víu que lle foi moi ben. Sacoulle fotos a rapaces de Laza, de Viana do Bolo…Polo seu trato viñan desde moitos lugares para sacarse as fotografías sobre todo das comunións.

Moitas das fotos que sacou, tamén eran aquelas que se lles facían aos nenos para enviarllas aos seus pais emigrados ao extranxeiro. Polo que a fotografía lonxe de ser bonita, quería ser mostrativa, sen sombras nas caras nin nada parecido, todo que se vise ben e ben posado.

A Casa Museo Mati

Gustábame facer de todo, dende cavar na terra, ata ir coas vacas e ir facendo o que sexa, cosía, bordaba, ganchillo tamén, facía un pouco de todo. Entón gustábanme moito as antigüidades, gustabame todo.

WhatsApp Image 2022-07-24 at 8.48.21 PM
Parte do Museo de Mati (Parte adicada ao proceso do liño)

Desde que se lle acordou, comezou a gardar cousas, non as que querría ter gardado hoxe senón por exemplo as cousas que facían falta gardar durante un tempo e que despois quedaron aí. Eran cousas que había que ter.

Comecei a coleccionar pero podería ter gardado moito máis. Na casa dos meus avós había de todo. Tiña teares na casa, por exemplo, e agora busco un para armar e deronme un vello pero non atopo un bo

Reproductora de 8 mm, que funciona

Mati sigue intentando recoller máis cousas que para ela son parte da súa vida e que lle gustaría conservar. No museo ten o proceso do liño completo e ás veces Lola Rico trae ao museo xente de parte da Escola Rural de Saúde da Limia.

Tamén, ten unha parte adicada a un primo seu que pasou toda a vida en África de misionero, o Padre Senén. Teño moitas fotos da súa familia como da miña xa que compartíamos ata apelidos, eramos como irmáns.