28 de enero de 2018, 0:53
Xa pode comezar o Entroido 2018, despois de que centos de persoas participaran ataviadas con traxes dos anos 50, na “procesión” que dende a praza de Oriente e alumeada con centos de fachóns acompañaron ao Meco 2018, que non podería ser outro que “Puigdemont”.
Toda a praza axudou coas súas gorxas con berros de ánimo aos encargados de levar o moneco ata o seu lugar para presidir todo o entroido 2018.