MEDIO AMBIENTE INSTALA EN XINZO DE LIMIA OUTRA ESTACIÓN DE CALIDADE DO AIRE

SanCaetano
MEDIO AMBIENTE INSTALA EN XINZO DE LIMIA OUTRA ESTACIÓN DE CALIDADE DO AIRE

A nova estación terá como principal función o control dos niveis de ozono, reforzando as estacións existentes na zona sur e centro de Galicia

Está localizada na Alameda do Toural, e os datos amósanse en tempo real na páxina web de MeteoGalicia

Tamén avaliará o cumprimento dos valores límite dos contaminantes no aire ambiente con respecto á saúde humana

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de instalar dúas novas estacións de calidade do aire nos concellos de Xinzo de Limia . A estación conta con analizadores de gases contaminantes no aire ambiente (dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno e óxidos de nitróxeno e ozono) que transmite os seus datos a tempo real ao centro de procesado de datos da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

A estación de Xinzo de Limia ten como principal función a avaliación da concentración do ozono, complementando os datos do resto de analizadores deste tipo xa existentes, debido a que a nova zonificación da calidade do aire de Galicia, realizada o pasado ano, amosou que era recomendable aumentar a monitorización deste elemento na zona sur de Galicia.