Medio Rural escoita as demandas do sector agrogandeiro e dos ecoloxistas da Limia sobre a xestión de residuos e os regadíos

53212808_10157089180723256_753842841498681344_n
Medio Rural escoita as demandas do sector agrogandeiro e dos ecoloxistas da Limia sobre a xestión de residuos e os regadíos

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse hoxe con representantes de diferentes colectivos de agricultores, gandeiros, regantes e ecoloxistas da comarca ourensá da Limia. Neste encontro escoitou as súas demandas e inquedanzas en relación con asuntos como a xestión de residuos gandeiros, o impulso aos regadíos e a mellora das canles de drenaxe da zona.

Na xuntanza participaron técnicos das consellerías do Medio Rural e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como da Deputación de Ourense. Tamén, responsables do Centro Tecnolóxico da Carne, das asociacións de produtores de pataca, representantes da Asociación de empresarios, gandeiros e agricultores da Limia (Adegal), das comunidades de rega e da Indicación Xeográfica Pataca de Galicia. Ademais, asistiron portavoces de diversos colectivos ecoloxistas, tales como Auga Limpa Xa e o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL).