Melchor, Gaspar e Baltasar tamén estiveron en Xinzo

Recibimento aos nenos na praza Maior
Melchor, Gaspar e Baltasar tamén estiveron en Xinzo

Foron recibidos polos membros do Goberno Municipal dos que recibiron as chaves de todas as vivendas

Case que con puntualidade británica as súas Maxestades de Oriente chegaron ao Salón de Plenos, onde foron recibidas polas autoridades locais, cunha alcaldesa nerviosa dirixíndose a ELES en castelán, porque entendía que non coñeceran ben o galego.

Entregáronlle uns cofres con chaves mestras de todas as vivendas, para que unha vez rematado a cabalgata, e despois dun pequeno descanso puideran comezar co reparto dos xoguetes e regalos.

MOITO PÚBLICO E MOITA ANIMACIÓN

Despois de varios anos, a cabalgata puido celebrarse integramente no exterior e os tres Reis en sendas carrozas foron repartindo alegría polas rúas de Xinzo, ateigadas de rapaces e rapazas que non deixaban de corear os seus nomes ao seu paso.

Visita a residencia Sta. Mariña

Non faltaron as visitas aos tres centros de maiores que temos na Vila, no que nun deles ademais de entregarlles uns regalos para todos os que alí moran, nun deles tamén recibiron unhas roscas feitas por eles mesmos, para acompañar a longa noite que lles quedaba.

RECEPCIÓN UN POUCO ATRAPALLADA

Durante todo o percorrido nenos e maiores vendo a cabalgata

O fin da cabalgata foi a carpa da praza Maior (Km 0) de todo este Nadal na que os Reis foron recibindo a todos os nenos que xa os esperaban para darlle as últimas instrucións sobre o que lle pediran. A verdade e que a aglomeración de tanta xente, e o non ter previsto a maneira de facer ringleiras, fixo que todo fose un pouco atrapallado, aínda que como a ilusión era tanta, aguantouse o frío e o que fixera falla.

Esperando a chegada a unha das paradas

A MÚSICA TAMÉN ERA DE XINZO

A animación musical durante toda a cabalgata estivo da man da Agrupación Musical da Limia e da Escola de Gaitas, nesta ocasión da formación Tradepiache.